• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O Observatorio ABANCA by IESIDE constata a progresiva normalización da actividade comercial na fase 2

  • A reapertura das grandes superficies impulsa o gasto con tarxeta nos establecementos galegos, que se sitúa 8 puntos por encima do nivel precovid
  • A cesta da compra tende á súa estrutura habitual: o comercio minorista recupera o protagonismo cedido á alimentación durante o confinamento
  • Sobre o total de compras, as realizadas no concello de residencia creceron en 29 puntos porcentuais no confinamento, e aínda se manteñen 7 puntos por encima tras a fase 2

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Galicia Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Galicia Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - A Coruña Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - A Coruña Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Lugo Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Lugo Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Ourense Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Ourense Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Pontevedra Observatorio ABANCA by IESIDE- entrega 2 - Pontevedra Ver ficheiro PDF
  • O Observatorio ABANCA by IESIDE constata a progresiva normalización da actividade comercial na fase 2 10.06.2020. O director xeral de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA, Pedro Veiga, analiza os datos do segundo informe do Observatorio ABANCA by IESIDE sobre o proceso de desescalada. Serás redirixido a outro sitio web
10-06-2020
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE lanzou o seu segundo informe de monitorización do proceso de desescalada, no que analiza a evolución da actividade comercial en Galicia a partir dos datos de compras con tarxeta de crédito ou débito realizadas polos galegos até o 7 de xuño.

O documento mostra a recuperación da actividade comercial, cun volume de pagos con tarxeta que se situou mesmo por encima do nivel pre-covid, e a normalización da estrutura da cesta da compra, na que o comercio minorista recuperou o terreo cedido á alimentación nas fases anteriores. O estudo recolle ademais unha maior mobilidade na realización de compras, tras a súa concentración na contorna máis próxima ao consumidor durante o confinamento. Esta análise da mobilidade é unha novidade do segundo informe con respecto ao primeiro, lanzado hai dúas semanas.

Máis actividade comercial

A fase 2 supuxo un importante impulso á actividade comercial por efecto da reapertura das grandes superficies. Con iso, o nivel de pagos con tarxeta, que viña crecendo de maneira progresiva desde o seu mínimo no confinamento, situouse mesmo por encima (8 puntos porcentuais) do nivel pre-covid. No período observado o 95% dos establecementos rexistraron actividade.

Outro signo de progresiva normalización é a recuperación do patrón de consumo dos particulares. Tras a fase 2, a estrutura de consumo non é aínda a mesma que no período pre-crise, pero boa parte das alteracións causadas polo confinamento víronse revertidas: a proporción do gasto en alimentación e farmacias sobre o total descendeu, e, pola contra, a correspondente ao comercio minorista aumentou.

Menos alimentación, máis comercio minorista

A alimentación, que chegou a supor o 70,2% do total de compras con tarxeta no confinamento, baixou ao 39,9% na fase 2, unha cifra próxima ao nivel pre-covid (31,5%). A pesar diso, este sector mantivo na fase 2 unha actividade un 40% superior ao seu nivel habitual pre-crise.

Pola contra, o comercio minorista, que desde unha porcentaxe na cesta da compra do 33,7% na etapa pre-covid pasou ao 12,6% no confinamento, situouse tras a fase 2 no 36,1%. Os pagos con tarxeta rexistrados por este sector na fase 2 situáronse 18 puntos por encima do seu nivel pre-covid. Estes establecementos mantiveron na fase 2 un nivel de apertura próximo ao 100% tras a apertura das grandes superficies. A bricolaxe e fogar mostrou un comportamento especialmente dinámico, xa que nalgúns momentos practicamente duplicou o seu nivel de compras previo ao covid.

As farmacias seguiron un patrón moi similar á alimentación: normalización e reversión do protagonismo gañado no confinamento, pero cunha actividade aínda por encima do nivel pre-covid. Pola súa banda, o conglomerado de parkings, vending, telefonía, talleres e outros experimentou na fase 2 unha evolución comparable á do comercio minorista: recuperación tras a profunda caída do confinamento e converxencia coa situación pre-covid.

Tras a fase 2, lecer e transporte mantéñense moi afastados do seu nivel de actividade pre-crise. O seu peso no conxunto da cesta da compra é aínda moi inferior ao nivel de referencia: 4,5% fronte a 8,5% no caso do lecer, e 7,4% fronte a 13,8% no caso do transporte. O seu importe de pagos situouse no 61% no caso do lecer e no 58% para o transporte. Os niveis de apertura destes establecementos chegaron ao 66% e 90% respectivamente.

Máis mobilidade

O segundo informe do Observatorio ABANCA by IESIDE inclúe como novidade un capítulo dedicado á análise dos desprazamentos realizados polos galegos con motivo das súas compras.

O estudo revela a concentración das compras dentro do concello do consumidor durante a fase de confinamento, en especial as compras de alimentación e comercio minorista, e unha posterior reversión desta tendencia na fase 2 en favor do resto da provincia.

Sobre o total de compras, as realizadas no concello de residencia do consumidor creceron en 29 puntos porcentuais durante o confinamento respecto dos niveis precrisis, e aínda se manteñen 7 puntos por encima tras a fase 2. As compras de maior proximidade, realizadas en establecementos situados a menos de 500 metros do domicilio, incrementaron 10,7 puntos porcentuais o seu peso sobre o total durante o confinamento.

Tras descender un 25% na hibernación, o peso sobre o total das compras realizadas dentro da provincia volve aos seus niveis de referencia: 37,84% tras a fase 2, fronte ao 37,7% pre-covid.

Pola contra, a consecuencia da persistencia das limitacións á mobilidade na fase 2, as compras realizadas fóra da provincia de residencia sitúanse por baixo da metade do seu nivel habitual.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .