• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

RESULTADOS 2015. ABANCA obtén un beneficio de 330 millóns e incrementa o financiamento concedido un 52%

A entidade alcanza unha rendibilidade cercana ao 9% basada no crecemento dos ingresos recorrentes e a marxe comercial

  • Rendibilidade: O beneficio neto supera os 330 millóns de euros e a taxa de rendibilidade acércase ao 9%. A marxe comercial mellora sostenidamente trimestre a trimestre
  • Calidade do risco: A calidade dos activos, medida polo ratio de mora, mellora un 28% e sitúase por debaixo da media do sector. A cobertura crece ata o 63%, moi por enriba da media do sector, reflectindo a prudencia na xestión do risco
  • Solvencia: ABANCA mantense entre as entidades máis capitalizadas de Europa, cun ratio CET1 do 16%. Amplia folgura respecto aos requerimentos do supervisor, cun superávit de 1.574 M€ respecto aos requisitos BCE
  • Liquidez: Cunha liquidez superior aos 10.900 millóns, ABANCA cumple en decembro de 2015 os requerimentos máis esixentes de Basilea III
  • Dinamismo comercial: Foco no cliente con medidas para mellorar a experiencia ABANCA que se traducen en incrementos do negocio e dos ingresos. O financiamento concedido, principalmente a familias e empresas, aumenta un 52%. A nova producción de seguros crece un 35% e o patrimonio de fondos e plans un 27%

De esquerda a dereita, Francisco Botas, Juan Carlos Escotet Rodríguez, Javier Etcheverría e Alberto de Francisco na presentación anual de resultados.

Descarga en alta resolución Abrirase nunha nova ventá.

Descarga en alta resolución Abrirase nunha nova ventá.

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación resultados 2015 Principais magnitudes e cifras de negocio do ano 2015 Ver ficheiro PDF
  • Fitos 2015 Principais fitos de ABANCA en 2015 Ver ficheiro PDF
23-02-2016
Resultados

ABANCA obtivo en 2015 un beneficio superior a 330 millones de euros. O resultado do exercicio aséntase sobre catro pilares: o crecemento dos ingresos recorrentes gracias ao relanzamento da actividade con pemes e familias, a positiva evolución da marxe comercial, a melloría da calidade do crédito e a fortaleza dos ratios de capital e liquidez.

O banco con sede en Galicia reforzou a súa posición no mercado minorista, núcleo do seu negocio, con crecementos tanto na concesión de crédito como na captación de recursos de clientes. A comercialización de fondos de inversión, plans de pensións e seguros incrementouse de xeito importante e permite ao banco diversificar as súas fontes de rendibilidade.

O forte dinamismo da actividade comercial con clientes minoristas permitiu incrementar a xeración de ingresos recorrentes. A marxe comercial aumentou trimestre a trimestre ao longo de todo o ano, mentras que os ingresos por prestación de servizos experimentaron un crecemento significativo grazas ao bo comportamento das principais liñas.

Rendibilidade: fortaleza do núcleo do negocio

O beneficio do exercicio superou os 330 millóns de euros, o que supón situar a rendibilidade do banco (ROTE) no 8,7%, unha das máis elevadas do sector.

A pesar da forte caída de tipos (-31 puntos básicos no ano) e a non aplicación de cláusulas solo na carteira hipotecaria desde maio de 2013, a marxe comercial creceu grazas ao efecto combinado dun maior volumen e unha mellora no mix de precios.

Xunto coa marxe comercial, destacou o incremento nos ingresos por prestación de servizos, como resultado do bo ritmo de comercialización dos principais productos de valor engadido. Así, os ingresos por este concepto se situaron en 171 millóns de euros, o que supón un crecemento do 8,2%.

Destaca a comercialización de seguros, que xerou un 45% máis de ingresos grazas ao crecemento do 35% da nova producción apoiada no lanzamento de productos innovadores como a Tarifa Plana ABANCA Seguros. No ramo de non vida a entidad gañou 14 puntos básicos de cuota de mercado no mercado español.

Os ingresos correspondentes a pasivos de valor engadido (fondos de inversión, plans e seguros de aforro) e activos fóra de balance creceron un 26 e un 13% respectivamente.

O cliente no centro da actividade de ABANCA

ABANCA avanzou de xeito significativo durante 2015 no desenvolvemento dun modelo de negocio focalizado no cliente, cunha clara aposta pola tecnoloxía para ofrecer un mellor servicio.

ABANCA foi a entidade financeira española que máis mellorou a experiencia de compra dos seus clientes, según o indicador EMO Index, con iniciativas como a posta en marcha dunha nova sistemática comercial, un servizo móbil punteiro e a remodelación das súas oficinas.

A entidade iniciou a implantación dun novo modelo de oficina, co investimento de máis de 100 millóns de euros. A nova oficina está orientada a mellorar a calidade de servizo ao cliente a través das solucións tecnolóxicas máis innovadoras do mercado, información e unha xestión eficiente, áxil e responsable.

O banco tamén destinou 82 millóns de euros á mellora e dixitalización dos seus procesos e á adopción das tecnoloxías máis punteiras do mercado.

O impulso á estratexia dixital dado pola entidade no último ano traduciuse no aumento dun 18% no número de clientes dixitaies activos, con especial protagonismo da banca móbil. ABANCA foi a primeira entidade financeira española en soportar identificación por pegada (Touch-id) na súa banca móbil.

Forte impulso á actividade con empresas e familias

Co crédito como principal prioridade, ABANCA concedeu 11.444 millóns de euros en novo financiamento, cifra que supón un incremento do 52% sobre o nivel do exercicio anterior. O crédito formalizado con familias e empresas, principais destinatarios do investimento crediticio da entidade, aumentou un 74%.

Este forte impulso permitiu un crecemento do 4,1% interanual no saldo da carteira crediticia en situación normal, frente á caída do -0,2% rexistrada no mesmo período de 2014.

A captación de recursos de clientes minoristas mostra o mesmo comportamento positivo, cun crecemento do 5,3% no ano que se eleva ao 19% no caso de fondos de inversión, plans e seguros de aforro.

Estas cifras permitiron a ABANCA gañar en Galicia 38 puntos básicos de cota de mercado de crédito normal e 27 puntos básicos de cota de depósitos, reforzando así a súa posición de liderado na comunidade.

Calidade do risco: a morosidade baixa ao 8,6%

A calidad do crédito, medida pola taxa de morosidade, mellora un 28% no ano como consecuencia das medidas de recuperación de impagos e de la reactivación económica.

Tras un descenso continuo durante 2015, a taxa de mora sitúase ao peche do exercicio no 8,6%, por debaixo da media do sector por primeira vez nos últimos seis anos.

Pola súa parte, os adxudicados representaban sólo un 1% do balance de ABANCA ao peche de 2015.

A cobertura dos créditos se incrementa ata o 63%, moi por enriba da media sectorial, grazas ao mantenento dunha política conservadora na provisión de activos.

Solvencia: un dos niveis de capitalización máis elevados do sector

ABANCA consolida a súa posición como unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, cun nivel de capitalización moi por enriba das esixencias regulatorias.

O ratio de capital de máxima calidade, CET1 (Common Equity Tier 1), sitúase no 16% (sen distribución de dividendos).

Este nivel de solvencia supón un exceso de máis de 1.500 millóns de euros sobre o mínimo regulatorio que se require ás entidades de acordo coas directrices de Basilea III. ABANCA sitúase como unha das entidades financeiras españolas que mantén unha maior folgura de capital respecto aos requerimentos do supervisor.

Liquidez: aumenta ata os 10.917 millóns de euros

ABANCA mellora a súa posición de liquidez, ao aumentar ata os 10.917 millóns de euros os seus activos líquidos dispoñibles e capacidade de emisión. Estas cifras avalan a estratexia de sostibilidade a longo prazo desenrolada pola entidade, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito. O banco financia a súa carteira de crédito cos seus depósitos, de xeito que os créditos representan o 90% dos depósitos de clientes.

A entidade financeira con sede en Galicia cumple folgadamente os requerimentos que se esixirán aos bancos en términos de liquidez a finais de 2018 de acordo coa norma Basilea III. O ratio de cobertura de liquidez a curto prazo (LCR) sitúase no 322%, triplicando o mínimo esixido, mentres que o ratio de liquidez a longo prazo (NSFR) supera o 132%.

As axencias de rating respaldan a evolución do banco

As cualificacións das axencias de rating reflicten a evolución da entidade. Fitch, Standard and Poor’s e DBRS respaldan a melloría dos fundamentais de ABANCA con subidas significativas do seu rating de fortaleza financeira. As axencias destacan a melloría da calidade dos activos, o incremento do seu nivel de capitalización e a aplicación dos novos procesos de xestión do risco.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

RESULTADOS 4T 2024: ABANCA gaña 1.203 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,5%

28-01-2025
Resultados

A entidade pecha a súa primeira década transformada nunha das entidades máis fortes e competitivas do sistema bancario ibérico.

RESULTADOS 3T 2024: ABANCA gaña 988 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,9%

30-10-2024
Resultados

Estes sólidos resultados están fundamentados nun crecemento eficiente do negocio, que supera os 127.000 millóns de euros, e na boa xestión do balance.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .