• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

RESULTADOS PRIMEIRO SEMESTRE 2017: ABANCA obtén un beneficio neto de 229 millóns, un 23,1% máis

  • O crecemento do negocio recorrente, un 16,2%, permite obter unha rendibilidade do 11,4%
  • A captación de pensións e nóminas crece un 6,8%, o que fai posible consolidar a posición de referencia de ABANCA como entidade receptora de recursos
  • Cun ratio de capital CET1 do 14,5% e un ratio de cobertura de activos problemáticos do 55,0%, ABANCA posiciónase favorablemente para afrontar a nova contorna
  • A morosidade continúa reducíndose e baixa ao 5,6%, o que sitúa a ABANCA como unha das entidades con mellor calidade da carteira
  • ABANCA mantén unha sa estructura de financiamento baseada en depósitos minoristas
  • As pemes e autónomos reciben o 61% do financiamento concedido, e a nova produción de seguros aumenta un 21,8%
  • O proceso de dixitalización avanza cun aumento do 27,1% en transaccións realizadas e do 14,4% no número de clientes dixitais activos

Principais datos do semestre.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • 20170727-abanca-resultados-1s2017-gl 20170727-abanca-resultados-1s2017-gl Ver ficheiro PDF
27-07-2017
Resultados

ABANCA pechou o primeiro semestre de ano cun resultado neto de 229,1 millóns de euros, cifra que supón un incremento do 23,1% respecto ao mesmo período de 2016.

O semestre caracterizouse por fortes incrementos dos ingresos recorrentes (cunha marxe básica que aumenta un 16,2%), a intensificacion da entrada de novos clientes (+6,8% en pensións e nóminas) e a aceleración na venda de produtos de valor engadido (+21,8% en nova produción de seguros).

Un factor relevante na boa evolución da marxe é o crecemento continuado na carteira crediticia, que avanzou un 6% interanual. A entidade reforzou a súa orientación a pemes e autónomos, colectivos que reciben o 61% do financiamento concedido.

ABANCA rexistrou un novo descenso na súa taxa de morosidade, que se reduciu ata o 5,6%, á vez que mantén unha elevada cobertura de activos problemáticos do 55,0%. Esta solidez do seu balance, xunto cunha folgada posición de solvencia, cun capital CET1 situado no 14,5%, sitúan favorablemente á entidade para afrontar os retos da contorna.

As axencias de cualificación crediticia avalan a mellora dos fundamentais de ABANCA tal e como reflicten o catro acciones positivas de rating producidas durante o primeiro semestre de 2017.

Fortaleza dos ingresos recorrentes

ABANCA mantivo a tendencia, xa mostrada nos últimos trimestres, de incremento da marxe comercial e redución dos custos maioristas, combinación que ten como consecuencia unha mellora continua da marxe de intereses, que se sitúa en 232,3 millóns de euros a 30 de xuño, un 16,9% máis que no mesmo periodo do ano pasado.

Os ingresos por prestación de servizos (comisións netas) mostran o mesmo comportamento, cun aumento do 14,5% interanual, ata os 87,6 millóns de euros, grazas ao impulso da venda de produtos de valor engadido.

Ao final do semestre aumentan un 27,1% as transaccións con clientes á vez que a base de custos permanece estable. O volume de negocio por empregado crece un 6,1% con respecto ao mesmo período do ano anterior, o que mellora a produtividade da entidade.

O ratio de rendibilidade ROE quedou situado no 11,4%, entre os máis sólidos do sector bancario español

Intenso crecemento da base de clientes

A boa evolución do negocio de ABANCA susténtase nunha intensa captación de novos clientes, que se reflicte no crecemento dos recursos alleos e os créditos. En termos interanuais, o número de nóminas e pensións domiciliadas creceu un 6,8%. Durante 2017, ABANCA logrou captar 60.000 novas nóminas grazas á súa campaña de captación de nóminas.

A confianza dos clientes permite que ABANCA consolide a súa posición de referencia no sector como entidade receptora de recursos. A captación ascende un 6,4% interanual, ata situarse en 36.204 millóns, con maior peso dos saldos á vista e os produtos de valor. O principal crecemento ten a súa orixe nas familias e empresas.

Os fondos de investimento, plans de pensións e seguros rexistran un aumento de 1.184 millóns de euros, un 27% internual. Destaca o comportamento da captación de fondos, cuxa comercialización en termos interanuais increméntase nun 53,2%. Ao mesmo tempo as vendas de seguros avanzan un 21,8%. Este maior peso dos produtos de valor na estrutura de recursos de clientes permite ao banco incrementar e diversificar os seus ingresos recorrentes.

O semestre caracterizouse tamén por un significativo incremento no volume de crédito, cuxo crecemento se traduce nunha maior achega a resultados por parte das novas formalizacións. O crédito á clientela alcanza os 26.884 millóns de euros, un 6,0% máis en termos interanuais. Pemes e autónomos, colectivos nos que, xunto as familias, o banco concentra a súa actividade, totalizan o 61% do novo financiamento concedido, o que supón un 37% máis en termos interanuais.

A compra de PSF impulsa o crédito ao consumo

A adquisición de Popular Servicios Financieros (antigo Pastor Servicios Financieros) e a súa integración en ABANCA Consumer Finance supoñen a creación da quinta financeira de consumo dependente dun banco en España. Popular Servicios Financieros é unha marca cunha longa traxectoria de máis de vinte anos no sector, onde conta cunha ampla rede de comercios clientes en toda España e Portugal.

Coa compra ABANCA alcanzará no segmento do crédito ao consumo unha cifra de novo negocio superior aos 800 millóns nos próximos 3 anos e potenciará este segmento de negocio nun periodo do ciclo económico favorable en España e Portugal.

O impulso á actividade realizarase sobre os negocios de financiamento ao consumo, automóbil, préstamos persoais e tarxetas de crédito, xunto coa venda de seguros.

Morosidade: dous puntos por debaixo do sector

A capacidade do banco para xerar rendibilidade de maneira recorrente viuse favorecida así mesmo pola mellora da calidade da carteira, que implica unha menor carga de provisións e unha redución interanual do 22,2% no custo do risco.

A fin do semestre os activos dubidosos sitúanse en 1.865 millóns de euros, fronte aos 2.445 do pasado ano. A taxa de morosidade situouse no 5,61%, máis de dous puntos por debaixo da media do sector. Os adxudicados mantéñense no 1% do balance, dos menores do sistema.

A cobertura total dos activos problemáticos alcanza o 55,0%, cun nivel do 51,5% para os créditos morosos e do 61,1% para os activos adxudicados.

Folgada posición de solvencia e liquidez

ABANCA fai da solidez un dos criterios fundamentais da súa xestión. Con 1.845 millóns de euros sobre o nivel de capital esixido polo BCE, cifra equivalente a unha folgura do 6,96%, a entidade sitúase como a terceira mellor capitalizada do sector financeiro en España.

Polo que respecta aos requirimentos de liquidez, ABANCA cumpre amplamente os requisitos a longo e curto prazo establecidos polo BCE para 2018. A entidade dispón de 5.034 millóns de euros en activos líquidos e unha capacidade de emisión de 4.453 millóns, o que suma 9.500 millóns de euros de capacidade de xeración de liquidez.

O financiamento de ABANCA baséase principalmente en depósitos estables de familias e empresas. A entidade presenta un cociente de crédito sobre depósitos do 94%, unha sa estrutura de financiamento sen volatilidade nin dependencia de mercados.

Recoñecemento das axencias de rating

A boa evolución do banco nos seus ratios de xestión fundamentais viuse recoñecida con novas melloras nas cualificacións emitidas polas axencias de rating. No últimos seis meses Standard & Poor´s subiu nun chanzo o rating emisor e concedeu a máxima cualificación ás cédulas hipotecarias de ABANCA, mentres que Moody’s elevou en dous chanzos o rating emisor a longo prazo e o das cédulas hipotecarias.

Mostran unha tendencia similar as valoracións e índices de satisfacción expresados polos clientes. O galardón ‘EMOtional Friendly Bank’ sitúa a ABANCA como a entidade financeira española coa mellor evolución no seu índice de vinculación emocional de clientes no último ano.

No semestre o banco con sede en Galicia profundou na súa estratexia de especialización co lanzamento de ABANCA Persoal, a apertura da súa primeira oficina de ABANCA Privada en Vigo, e a inauguración da súa oficina de representación en Río de Janeiro, coa que xa son nove os países nos que está presente.

Doutra banda, a app de banca móbil segue como unha das mellor valoradas polos usuarios. A dixitalización é, de feito, un dos campos nos que o banco está a ser máis activo. No semestre a entidade incorporou unha novidade funcional que permite aos seus clientes empresas realizar a firma de operacións desde teléfono móbil, e converteuse na primeira entidade española en facer posible o envío de diñeiro de móbil a caixeiro mediante comandos de voz.

Dentro da súa estratexia de innovación, no mesmo periodo a entidade puxo en marcha o seu programa de fomento do talento tecnolóxico ABANCA Innova, que xa seleccionou as primeiras startups ás que apoiará para trasladar os seus proxectos ao mercado financeiro.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

RESULTADOS 4T 2024: ABANCA gaña 1.203 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,5%

28-01-2025
Resultados

A entidade pecha a súa primeira década transformada nunha das entidades máis fortes e competitivas do sistema bancario ibérico.

RESULTADOS 3T 2024: ABANCA gaña 988 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,9%

30-10-2024
Resultados

Estes sólidos resultados están fundamentados nun crecemento eficiente do negocio, que supera os 127.000 millóns de euros, e na boa xestión do balance.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .