S&P mellora nun chanzo o rating das cédulas hipotecarias de ABANCA
- A axencia de calificación sitúao en A, elevándoo desde A-, con perspectiva estable
A axencia de calificación Standard & Poor´s elevou nun chanzo o rating das cédulas hipotecarias de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (“ABANCA”), situándoo en A (desde A-), con perspectiva estable.
Esta mellora é consecuencia do incremento nun chanzo, de b a b+, do rating de viabilidade, ou fortaleza financeira stand alone, anunciado pola axencia a pasada semana, data na que ademais afirmou os ratings emisor a longo e curto prazo de ABANCA en B+ y B respectivamente, mantendo a súa perspectiva estable.
O programa de cédulas hipotecarias de ABANCA tamén é evaluado por Fitch, que o sitúa en BBB+ (o máximo posible en función da calificación a longo prazo do banco), e por DBRS, que o sitúa en A (high).
Outras calificacións
Esta mellora na calificación de ABANCA súmase a outras recibidas pola entidade nos últimos meses. En setembro DBRS elevou nun chanzo o rating de fortaleza financeira e confirmou o rating emisor a longo prazo en BBB (low) e o rating a curto prazo en R-2 (middle), situando ambas calificacións con perspectiva estable. En abril Fitch elevou en dous chanzos, desde bb- a bb+, o rating de viabilidade da entidad e situou a perspectiva en estable.