Standard & Poor´s eleva nun chanzo o rating das cédulas hipotecarias de ABANCA
- A semana pasada S&P elevou o rating emisor a longo prazo do banco de B a B+
A axencia de cualificación Standard & Poor´s (S&P) elevou o rating do programa de cédulas hipotecarias de ABANCA nun chanzo, desde BBB+ a A-, con perspectiva estable. A pasada semana Standard & Poor´s elevou nun chanzo o rating emisor a longo prazo de ABANCA, de B a B+, mantendo a súa perspectiva estable, e afirmou en B o rating emisor a curto prazo.
A axencia tamén revisou á alza o seu rating de viabilidade, o que reflicte a fortaleza financeira intrínseca do banco, incrementándoo nun chanzo, de b- a b, como consecuencia da mellora da capitalización da entidade. Ademais, Standard & Poor´s recoñeceu a significativa redución dos activos problemáticos de ABANCA e as súas iniciativas para a mellora dos procesos de riscos.
Outras calificacións
Estas melloras na cualificación de ABANCA únense ás publicadas nas últimas semanas por Fitch Ratings. A axencia elevou en dous chanzos, desde bb- a bb+, o rating de viabilidade da entidade financeira, afirmou o rating a longo prazo en BB+ (aínda que elevando a súa perspectiva de negativa a estable), mantivo en B a cualificación a curto prazo e afirmou o programa de cédulas hipotecarias de ABANCA no nivel BBB+ (elevando a súa perspectiva a estable), o máximo posible en función da cualificación a longo prazo do banco.