• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Un memorable concerto de Gustavo Dudamel, a OSG e o Orfeón Donostiarra pon o broche final a Palabras para Galicia de ABANCA

  • Máis de 4.000 persoas gozaron do acontecemento cultural do ano na Praza do Obradoiro
  • Dudamel entregou a súa batuta a Javier Etcheverría como homenaxe a toda unha vida dedicada ao desenvolvemento de Galicia

Aspecto xeral da praza durante o concerto celebrado en Santiago.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a súa intervención.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director Gustavo Dudamel durante a súa intervención.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de honra de ABANCA, Javier Etcheverría, recibe unha batuta de mans do director Gustavo Dudamel, ante a presenza do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro delegado, Francisco Botas; e o presidente de honra, Javier Etcheverría, xunto ás autoridades que asistiron ao concerto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Palabras para Galicia 2017. Intervención Gustavo Dudamel. Fragmento da intervención do director Gustavo Dudamel na segunda edición de Palabras para Galicia. Serás redirixido a outro sitio web
  • Palabras para Galicia 2017. Intervención Juan Carlos Escotet 01 Fragmento da intervención do presidente de ABANCA na segunda edición de Palabras para Galicia. Serás redirixido a outro sitio web
  • Palabras para Galicia 2017. Intervención Juan Carlos Escotet 02 Fragmento da intervención do presidente de ABANCA nla segunda edición de Palabras para Galicia. Serás redirixido a outro sitio web
07-07-2017
Corporativo

Gustavo Dudamel, a Orquestra Sinfónica de Galicia e o Orfeón Donostiarra protagonizaron este venres na emblemática Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o acontecemento cultural do ano en Galicia. A formación musical e o coro realizaron unha brillante interpretación da Novena Sinfonía de Beethoven baixo a batuta do recoñecido mestre ante máis de 4.000 persoas.

O concerto contou cuns espectadores de luxo, entre os que se atopaban o Rei emérito, Juan Carlos I; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o delegado do Goberno, Santiago Villanueva; o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, ademais de numerosos representantes da vida empresarial, social e cultural galega, que acompañaron ao presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o seu conselleiro delegado, Francisco Botas, e o seu presidente de honra, Javier Etcheverría, no peche da segunda edición de Palabras para Galicia, que nesta ocasión coincidiu co 300 aniversario do nacemento do Banco Etcheverría.

“Esta dobre celebración que agora compartimos foi concibida como un encontro con ese espírito de fraternidade, cada vez máis acusado, que o paso do tempo atribuíu á Novena Sinfonía de Bethoveen”, explicou Juan Carlos Escotet aos asistentes durante a súa intervención.

Gustavo Dudamel tamén se dirixiu ao público para afirmar que “aínda hoxe as sinfonías de Beethoven séguennos emocionando, guíannos na nosa viaxe para descubrir os sentimentos humanos máis profundos e estimúlannos a aspirar os máis altos ideais en procura da harmonía”, por iso é polo que escollín esta composición para un evento concibido, nas súas propias palabras, para “celebrar todo o que nos une máis aló das nosas diferenzas; celebrar pola nosa marabillosa mocidade e o seu futuro; celebrar a música e a arte que nos emocionan; celebrar a beleza”.

‘300 anos en sintonía’ foi o lema elixido por ABANCA para esta velada musical na que se homenaxeou a Javier Etcheverría, presidente de honra de ABANCA, con motivo do 300 aniversario do nacemento da entidade á que dedicou a súa vida.

O actual presidente do banco, Juan Carlos Escotet, referiuse a el como “cidadán exemplar e galego da alma de quen aprendín que persistir é unha virtude” e asegurou que ABANCA “toma a testemuña agora desa admirable tradición bancaria cuxo relato arrinca en 1717”.

Gustavo Dudamel quixo sumarse tamén a este recoñecemento e fíxoo entregándolle a súa batuta como símbolo do agradecemento de todos os galegos e galegas “por todo o seu traballo e o seu compromiso coa creación de valor e o desenvolvemento de Galicia”.

Brillante interpretación

O Himno Galego abriu a velada musical que continuou cunha brillante interpretación da Novena Sinfonía de Beethoven que fixo vibrar ao público asistente. Máis de 200 profesionais no escenario que demostraron a gran conexión á que chegaron o director, os músicos da orquestra e os intérpretes en só tres ensaios e que arrincaron unha calorosa ovación dos espectadores. Gustavo Dudamel, a OSG e o Orfeón Donostiarra estiveron acompañados pola soprano Marta Mateu, a mezzo-soprano Lida Vinyes Curtis, o tenor Marc Salga e o barítono Joan Martín-Royo.

Co fin de poder compartir co maior número de persoas posible un evento tan especial, o concerto puido seguirse tamén a través dunhas pantallas situadas no Parque da Alameda e, por streaming, na web abanca.com e os perfís do banco en redes sociais.

Complexidade técnica

A organización deste gran evento musical nun espazo aberto implicou o traballo de máis de 100 operarios, entre eles 4 enxeñeiros de son, desde a noite do domingo 2 de xullo ata o mesmo día do concerto para concluír a tempo a montaxe do escenario e a colocación dos asentos onde 4.000 persoas puideron gozar da que sen dúbida foi unha das grandes citas culturais do ano en Galicia e en España.

Dez tráileres transportaron todo o material necesario, incluíndo quilómetros de cableado e fibra óptica. Máis de 200 focos LED iluminaron o escenario, de 45 metros de ancho, e foi necesario instalar 90 micrófonos e dúas pantallas xigantes que emitiron imaxes tomadas por un equipo de 6 cámaras HD para que todo o público gozase coa máxima calidade do espectáculo musical.

Medio centenar de voluntarios de ABANCA colaboraron tamén na organización do evento para que, a pesar da complexidade, todo saíse á perfección.

ABANCA Resuena

Entre o público que enchía a Praza do Obradoiro atopábanse un centenar de nenos e nenas que forman parte do proxecto ABANCA Resuena e un grupo dos seus profesores, que viviron dunha maneira moi especial o concerto despois de ter a oportunidade de coñecer en persoa ao director e compartir un ensaio con el.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .