• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación entregan máis de 500 equipos de extinción incendios aos municipios de Ourense

  • A Deputación de Ourense facilitou o apoio loxístico necesario para coordinar a distribución dos kits
  • O material forma parte dunha compra global de 1053 equipos de resposta rápida que tamén chegarán a territorios de Lugo, León, Estremadura e Asturias
  • Este fito reforza o Plan de Acción contra os incendios de ABANCA e Afundación, que xa incluíu a entrega de drons á Xunta de Galicia e traballos de restauración ambiental
José María Jardón, director territorial de ABANCA en Ourense, durante a súa intervención.

José María Jardón, director territorial de ABANCA en Ourense, durante a súa intervención.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe dalgúns dos kits, compostos por unha mochila ríxida con lanza de dobre acción que expulsa auga de maneira continua e un batefogos para sufocar as chamas sobre o terreo, que se repartirán entre os concellos de Ourense

Imaxe dalgúns dos kits, compostos por unha mochila ríxida con lanza de dobre acción que expulsa auga de maneira continua e un batefogos para sufocar as chamas sobre o terreo, que se repartirán entre os concellos de Ourense

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Sostibilidade de Afundación, José Manuel Mourelo, durante a súa intervención na entrega dos equipos de extinción de incendios ante un grupo de alcaldes e alcaldesas da provincia de Ourense.

O coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Sostibilidade de Afundación, José Manuel Mourelo, durante a súa intervención na entrega dos equipos de extinción de incendios ante un grupo de alcaldes e alcaldesas da provincia de Ourense.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-06-2026
RSC

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, deron hoxe un novo paso no seu compromiso co rural galego mediante a entrega de 511 equipos de extinción de incendios forestais aos municipios da provincia de Ourense. A colaboración e o apoio loxístico da Deputación de Ourense foron fundamentais para coordinar a distribución deste material ás administracións locais. Os lotes subministrados foron deseñados especificamente para optimizar os labores de extinción en contornas rurais e facilitar unha actuación áxil antes da chegada dos servizos de emerxencia. Cada kit está composto por unha mochila ríxida con lanza de dobre acción que expulsa auga de xeito continuo e un batelume para sufocar as chamas sobre o terreo.

O acto de entrega e distribución do material tivo lugar no Parque de Maquinaria da Deputación e a el asistiron o presidente da institución provincial, Luis Menor, o director territorial de ABANCA en Ourense, José María Jardón, o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Sostibilidade de Afundación, José Manuel Mourelo, e o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro, alén dun nutrido grupo de alcaldes e alcaldesas da provincia que acudiron a recoller os equipos. O número de kits por municipio determinouse en función da súa extensión, garantindo así unha cobertura proporcional ás necesidades de cada termo municipal.

O director territorial de ABANCA en Ourense, José María Jardón, destacou que "o compromiso de ABANCA co rural ourensán é absoluto. Quen traballamos pegados ao territorio sabemos que o monte é vida e economía para os nosos municipios, e con esta achega queremos que a primeira liña de defensa, que son os concellos, conte desde hoxe mesmo con ferramentas que permitan reaccionar con rapidez antes da chegada dos servizos de extinción".

Pola súa banda, o coordinador de RSC e Sostibilidade de Afundación, José Manuel Mourelo, subliñou que "esta entrega demostra como a cooperación institucional multiplica o impacto da acción social. Desde Afundación canalizamos o esforzo deste plan no ámbito da prevención dotando aos municipios de materiais homologados e de alta calidade, reforzando a seguridade das persoas e do noso patrimonio natural".

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, agradeceu esta entrega afirmando que demostra “a responsabilidade e implicación absoluta destas entidades co noso territorio” e apelou á colaboración de todos porque os incendios son “unha ameaza colectiva que esixe que aglutinemos esforzos desde todos os ámbitos da sociedade”.

Despregamento con foco en Ourense

Esta entrega constitúe a partida principal dun lote global de 1053 kits adquiridos pola entidade financeira e a súa Obra Social. O resto dos equipos distribuiranse proximamente noutras zonas especialmente afectadas e identificadas como vulnerables de Lugo, León, Estremadura e Asturias co obxectivo de maximizar os seus recursos e capacidade de reacción ás portas da campaña de verán.

Plan integral contra os incendios

Esta adquisición de material forma parte do Plan de Acción contra os incendios que activou o banco en agosto de 2025 e que se está executando a través de Afundación. Este programa global estrutúrase ao redor de tres grandes eixos: o apoio económico aos afectados, a restauración medioambiental dos terreos danados e, de xeito prioritario, a prevención e a concienciación social.

Este plan de acción conta cunha dotación específica dun millón de euros. Alén destes kits de extinción, o pasado decembro presentáronse os equipos de vixilancia de última xeración proporcionados á Xunta de Galicia, que operarán en comarcas de alto risco como Valdeorras, Verín e a Ribeira Sacra.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación entregan 360 equipos de extinción de incendios a colectivos locais na provincia de León

15-06-2026
RSC

Este fito reforza o Plan de Acción contra os incendios de ABANCA e Afundación, que xa incluíu unha liña de apoio económico aos afectados e traballos de restauración ambiental.

Entrega kits extinción incendios á Asociación Berciana de Agricultores

ABANCA lanza unha plataforma de doazóns para impulsar a captación de fondos para ONGs

28-05-2026
RSC

Cris contra el Cáncer, Fundación Aladina, Fundación Vicente Ferrer, Educo, Acción contra el Hambre, Cáritas, Médicos del Mundo e Plan Internacional son as primeiras en sumarse á iniciativa.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .