ABANCA lanza a súa unidade especializada de Banca Persoal
- ABANCA Persoal ofrecerá produtos e servizos exclusivos a inicialmente 150.000 clientes de patrimonio medio-alto e especiais necesidades de servizo
- En 2016 ABANCA foi, cun 10,6%, a segunda entidade española con maior crecemento porcentual en fondos de investimento
ABANCA creou unha unidade especializada para prestar servizo a clientes cun nivel de patrimonio ou renda medio-alto e especiais demandas de atención e servizo. Esta unidade, denominada ABANCA Persoal, nace da mesma filosofía de especialización a través da cal o banco creou divisións como ABANCA Seguros, ABANCA Mar, ABANCA Agro ou ABANCA Consumer Finance.
ABANCA Persoal prestará servizo a clientes con patrimonio de entre 100.000 e 500.000 euros ou ingresos mensuais superiores a 3.000 euros, con maior interese na contratación de produtos alternativos ao prazo fixo, con maiores necesidades de atención especializada, e que demandan en maior medida servizos diferenciais e personalizados. En total serán 150.000 os clientes actuais que se poderán beneficiar dos produtos e servizos de ABANCA Persoal, aínda que a entidade fixouse como obxectivo a captación de novos clientes a través desta unidade.
ABANCA Persoal foi presentada hoxe en Vigo coa presenza de Luis Beraza, director xeral de Negocio España de ABANCA, Manuel Nogueira, director de Banca de Particulares, e Mónica Vázquez, directora de ABANCA Persoal. “O noso obxectivo é situarnos como entidade de referencia neste segmento a través da combinación de oferta exclusiva e servizo personalizado”, sinalou Luis Beraza. Cun 10,6%, ABANCA foi en 2016 a segunda entidade financeira con maior incremento de patrimonio en fondos de investimento (dato a novembro, último mes con información comparable do sector).
Proposta de valor
ABANCA Persoal contará con 120 xestores e 50 asesores especializados que estarán certificados pola Asociación Europea de Asesoría e Planificación Financeira-patrimonial (EFPA) en materia de mercados financeiros, produtos de investimento e aforro, fiscalidade, normativa e regulación, e asesoramento e planificación financeira. Nos últimos anos a entidade despregou para este colectivo un ambicioso plan de capacitación que continúa na actualidade.
Este equipo prestará servizo a través de oficinas específicas de ABANCA Persoal e oficinas estándar do banco. “Cunha proposta de valor baseada na confianza, a especialización e a innovación, os nosos asesores e xestores porán a disposición dos nosos clientes atención personalizada, produtos que dean resposta ás súas necesidades, e ferramentas altamente tecnolóxicas para quenes requiran asesoramento e planificación financeira”, destacou Manuel Nogueira.
ABANCA Persoal ofrecerá un servizo integral que partirá dunha análise das necesidades e demandas do cliente. “O coñecemento do cliente é o paso inicial para informarlle, desde a cualificación técnica e a experiencia dos nosos xestores e asesores, sobre as mellores opcións para dar resposta ás súas necesidades”, explicou Mónica Vázquez.
Produtos e servizos exclusivos
O catálogo de ABANCA Persoal inclúe solucións como a Conta Premium ABANCA Persoal, tarifa plana de valores, produtos de financiamento en condicións especiais, e a tarxeta de débito e crédito ABANCA Persoal, de próximo lanzamento.
En aforro-investimento ABANCA Persoal aposta polos fondos de investimento, plans de pensións e seguros de aforro como opcións no actual contexto de tipos baixos. A entidade lanzará en breve un fondo de investimento garantido que, ademais de garantía do 100% do patrimonio investido e liquidez diaria a valor de mercado, disporá de catro reembolsos anuais que suporán unha renda periódica para o cliente.
En plans de pensións os clientes gozarán de servizos como a ferramenta de estudo personalizado ‘O meu plan de xubilación’, que lles ofrecerá información estimativa sobre a súa futura pensión, e bonificacións de ata o 4% por achegas extraordinarias ou traspasos.
Adicionalmente os clientes de ABANCA Personal terán á súa disposición o catálogo xeral de productos e servizos del banco, entre os que destaca a súa banca móvil, unha das mellor valoradas do mercado polos usuarios.