ABANCA obtén un beneficio antes de impostos de 244 millóns e duplica a concesión de crédito
Resultados primeiro semestre 2015
- Rendibilidade: O beneficio neto alcanza os 182 millóns em ellora a marxe comercial ainda coa caída de tipos
- Calidade do risco: O ratio de mora redúcese ao 9,9%, mellorando un 42% respecto ao ano anterior e cobertura do 58%, unha das máis altas do sector, que seguimos fortalecendo con máis de 155 millóns de dotación
- Solvencia: Sólida posición de capital cun ratio CET1 que alcanza o 15,63% e unha folgura de 1.600 M€ sobre o mínimo necesario
- Liquidez: ABANCA, con máis de 10.900 millones de liquidez, cumpre xa en xuño de 2015 os requerimentos de 2018
- Dinamismo comercial con familias e empresas: Duplicase a concesión de crédito, aumentando o saldo interanual un +8%, cando no mismo período do ano anterior caía un -16% Os recursos de clientes crecen 1.179M€ no semestre
Descarga los contenidos anexos
ABANCA obtivo no primeiro semestre do ano un resultado antes de impostos de 244 millóns de euros, cun beneficio atribuído situado en 182 millóns de euros. Este resultado está baseado no incremento da actividade con clientes, na melloría da calidade da carteira de crédito e na solidez dos ratios de capital.
O banco continúa avanzando na súa estratexia de posta en valor das súas capacidades, duplicando a concesión de crédito, que financia coa captación de depósitos de clientes, e reforzando a comercialización de produtos de valor engadido.
O resultado do primeiro semestre reflicte unha melloría do núcleo do negocio da entidade: crece a marxe comercial a pesar da caída do Euribor e os ingresos por prestación de servizos aumentan un 2,9%.
Ver imaxe 1
Rendibilidade: fortaleza dos ingresos recurrentes
A marxe da actividade comercial ascendeu a 214 millóns de euros. A entidade conseguiu incrementar 20 puntos básicos o diferencial da súa actividade comercial a pesar da caída de 32 p.b. do Euribor.
Os ingresos por prestación de servizos avanzan un 2,9% ata os 81 millóns de euros, con crecementos nas principais liñas.
Os ingresos por pasivos fóra de balance aumentan un 28% interanual e a área de seguros xera un 16% máis de ingresos tras comercializar 30.391 pólizas de seguros libres no semestre, un 38% máis que no mesmo período do ano anterior.
Ver imaxe 2
Cuenta de resultados consolidada
Ver imaxe 3
Dinamismo comercial con empresas e familias
Na primeira metade do ano a entidade impulsou o crédito a empresas e a familias. Respecto de xuño do pasado ano, ABANCA multiplicou por dous o importe de financiamento concedido, que ascendeu a 5.135 millóns de euros. O 60% do crédito concedido destinouse a empresas e autónomos.
Como consecuencia da intensificación do ritmo de concesión de crédito, o saldo da carteira crediticia en situación normal aumentou un +8% interanual, fronte a unha caída do -16% no mesmo período de 2014.
A captación de recursos de clientes minoristas crece 1.179 millóns no semestre, alcanzando 32.897 millóns de euros. Os grandes protagonistas foron os depósitos á vista, cun incremento de 557 millóns de euros, e os fondos de investimento e plans de pensións, que aumentan 447 millóns de euros.
Como consecuencia, o saldo de recursos de clientes minoristas aumentou un +15% interanual fronte á redución do -8% en xuño do 14.
Ver imaxe 4
Calidade do risco: a morosidade redúcese 1.544 M€, ata o 9,9%
Como consecuencia da política de máxima prudencia e rigor seguidos durante o último ano, ABANCA reduciu a súa taxa de morosidade un 42% con respecto a xuño de 2014, ata situarse no 9,9%.
O saldo de créditos dubidosos cae un 33% interanual (1.544 millóns de euros), mentres que a cobertura da morosidade mantense no 58%, un de niveis máis altos do sector.
Ver imaxe 5
Solvencia: unha das ratios de capital máis elevadas del sector
ABANCA mantén o seu posicionamento como unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, despois de destinar integramente o beneficio obtido en 2014 a fondos propios para seguir fortalecendo o balance.
O cociente de capital de máxima calidade sobre os activos ponderado por risco, CET1 (Common Equity Tier 1), sitúase no 15,63%, 332 puntos básicos máis que no mesmo período do ano anterior.
Este nivel de capitalización supón un exceso de 1.600 millóns de euros sobre o mínimo regulatorio que se requirirá ás entidades de acordo coas directrices de Basilea III.
Ver imaxe 6
Liquidez: folgada posición, con máis de 10.900 millóns de euros
ABANCA mantén unha folgada posición de liquidez, ao sumar máis de 10.900 millóns de euros en activos líquidos dispoñibles e a capacidade de emisión. Estas cifras avalan a estratexia de sustentabilidade a longo prazo desenvolvida pola entidade, focalizada no negocio tradicional e na concesión de crédito. O banco financia a súa carteira de crédito cos seus depósitos, de maneira que os créditos representan o 90% dos depósitos de clientes.
A entidade financeira galega cumpre tamén amplamente durante o primeiro semestre de 2015 os requirimentos que se esixirán aos bancos en termos de liquidez a finais de 2018, baixo a norma Basilea III. O cociente de cobertura de liquidez a curto prazo (LCR) triplica o mínimo esixido, mentres que o cociente de liquidez a longo prazo (NSFR) supera o 130%.
Ver imaxe 7
Otros fitos do semestre
As axencias de rating recoñecen a melloría da entidade. Tanto Fitch como Standard and Poor´s melloraron o rating de fortaleza financeira de ABANCA. Ambas axencias destacan a favorable evolución da calidade dos seus activos e o incremento da súa capitalización. A perspectiva é positiva ou estable.
Lanzamento do programa Cero Comisións. De forma automática, máis dun millón de clientes particulares (asalariados coa nómina domiciliada, pensionistas, menores de 30 anos ou persoas que usen os medios online) e case 80.000 autónomos e micropemes beneficianse deste programa, co que non pagan polo mantemento e administración das súas contas, polos súas tarxetas ou por realizar transferencias.
Posta en marcha do programa ABANCA Dixital. O banco con sede en Galicia impulsa a súa estratexia dixital co obxectivo de que os seus clientes poidan realizar, en calquera momento e lugar, todo tipo de transaccións financeiras. O cliente poderá elixir como quere xestionar e contratar os seus produtos: a través das oficinas, da web, do teléfono, da banca electrónica ou da banca móbil.
Lanzamento do 'Préstamo 24 Horas'. ABANCA avanza na mellora da calidade de servizo aos seus clientes co lanzamento dun produto áxil, transparente e competitivo para atender distintas necesidades de consumo. O préstamo mellora as condicións do `Multicrédito 48 horas´ ao reducir á metade o prazo de resposta ao cliente. A versión Auto permite aprazar ata seis meses o inicio do pago de cotas.
Apoio ao sector primario coa creación de `ABANCA Agro e Mar´. Esta unidade especializada prestará servizos financeiros adaptados ás necesidades dos profesionais, empresas, cooperativas e demais axentes do sector primario galego. Proximidade, especialización e amplitude da oferta, principais vantaxes para os profesionais e empresas do sector.
Lanzamento de A-Impulsa. A iniciativa vai dirixida a prestar apoio especial a empresas viables que atravesan dificultades financeiras, co obxectivo de darlles estabilidade e garantir a súa supervivencia a medio e longo prazo.
Mellora das condicións da Hipoteca Mari Carmen. ABANCA relanza o seu préstamo hipotecario cun tipo de interese desde euribor +1.25% a partir do segundo ano.
Reordenación da carteira de participadas. A carteira de sociedades participadas xestiónase de acordo cun novo modelo baseado na optimización da súa estrutura e a creación de valor. O plan de desinversiones mantense por encima dos obxectivos de rendibilidade.
Adquisición da xestora de fondos AC Gestión. Unha vez recibida a autorización da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), ABANCA culminou o traspaso definitivo da actividade de AC Gestión. A operación supuxo a compra do 78,41% do capital social de AC Gestión, o que, unido ao 13,24% que xa posuía a entidade financeira galega, sitúa a súa participación no 91,65%.