ABANCA ofrece novas funcións para xestionar os seguros e personalizar os datos do cliente desde o móbil
- A entidade estrea una nova versión da súa banca móbil que permite ao cliente modificar o capital asegurado para continente e contido nas pólizas de fogar
- Desde o seu teléfono, os usuarios poderán contratar seguros, consultar pólizas en vigor, recibos xa pagados e cambiar a conta de cargo, ademais de comunicar sinistros á aseguradora
- A última actualización da app posibilita a personalización da información de contacto do cliente
ABANCA acaba de estrear unha nova versión da súa aplicación de banca móbil que incorpora novas funcionalidades na xestión de seguros e mellora a personalización dos datos do cliente.
A actualización permite aos clientes que teñan contratado un seguro de fogar cambiar desde o móbil e de forma instantánea o capital asegurado para continente e contido. Ademais, poderán consultar e modificar a conta de cargo dunha póliza de seguros e acceder ao último recibo xa pagado.
Estas novidades na aplicación de banca móbil de ABANCA súmanse ás funcionalidades incorporadas nos últimos meses na xestión de seguros, que dan ao cliente a opción de contratar desde o seu teléfono algunhas modalidades de seguros, consultar os datos da Tarifa Plana ABANCA Seguros e das pólizas xa contratadas coa entidade, así como informar directamente á compañía aseguradora de calquera sinistro que sufrise.
Con estas novas funcións, ABANCA sitúase como unha das entidades financeiras que ofrece aos seus clientes un servizo máis completo e áxil para xestionar desde o móbil as operacións máis habituais de seguros.
Ademais dos servicios de seguros, coa nova actualización da banca móbil de ABANCA os clientes poderán personalizar a app cos seus datos de contacto e unha imaxe. A aplicación permite consultar e cambiar a dirección de correo electrónico e o teléfono móbil, así como ver a dirección postal. Ademais, o cliente ten a posibilidade de incorporar unha fotografía ao seu perfil.
Unha das aplicacións de banca móbil mellor valoradas
A aplicación de banca móbil de ABANCA é unha das mellor valoradas polos clientes bancarios en España pola súa seguridade, funcións dispoñibles, facilidade de uso e sinxeleza. Permite facerse cliente da entidade financeira desde o móbil en apenas uns minutos, sen necesidade de acudir a unha oficina. Ademais, a app posibilita a xestión, desde o móbil e en poucos segundos, de todas as operacións diarias (consulta de saldos e movementos, realización de transferencias e traspasos, contratación de contas, préstamos, seguros ou tarxetas de crédito, pago de recibos, etc.), e ofrece funcións adicionais como a xestión de fondos de investimento e accións, envío de diñeiro ao caixeiro, aprazamento de gastos, aceso e apagado de tarxetas ou creación, consulta e cancelación de tarxetas virtuais para compras por internet, entre outras.
ABANCA conta con máis de 711.000 clientes dixitais, dos que 400.000 utilizan para realizar as súas consultas e operacións unicamente a aplicación de banca móbil. Só durante o mes de maio accederon á app de referencia da entidade máis de 467.000 clientes, con 245.000 usuarios conectados nos días de maior uso da canle.