ABANCA pecha unha emisión de débeda subordinada Tier 2 por 300 millóns de euros
- A emisión contou cunha demanda de máis de 1.000 millóns e será remunerada a un 4,625%
- Más de 150 investidores participaron na colocación
- ABANCA cobre totalmente o seu colchón de TIER 2
- A entidade continúa situada entre as máis solventes do sector, cun ratio de capital estimado do 18%
ABANCA saíu hoxe a mercado cunha emisión de débeda subordinada por importe de 300 millóns de euros. A operación, destinada a contrapartidas elixibles e investidores profesionais, tivo moi boa acollida, cunha demanda final que superou os 1.000 millóns de euros, máis de tres veces a cifra ofrecida.
Entre os aspectos máis relevantes da emisión destaca a calidade da base investidora, demostrada tanto polo número de ordes como polo feito de que case a metade dos investidores participaron por primeira vez nunha emisión da entidade.
Con esta emisión, ABANCA continúa reforzando a súa estrutura de capital completando as necesidades da categoría de débeda subordinada TIER 2.
ABANCA mantense coma unha das entidades españolas mellor capitalizadas. Tras esta colocación, a entidade estima que o seu ratio de capital total sitúase na contorna do 18%.