ABANCA, pecha unha nova emisión de bonos senior preferred (2023)
- A entidade emitiu Bonos Senior Preferred ao 5’5% anual por importe de 500 millóns de euros
- O prazo da operación fixouse en 3 anos, con opción para ABANCA de cancelar a emisión no segundo aniversario
- A demanda chegou ao dobre do importe ofrecido
- Con esta emisión ABANCA avanza na súa folla de ruta para o cumprimento dos requisitos do regulador en materia de MREL

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA anunciou e executou hoxe unha emisión de bonos Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros. Os ratings (esperados) de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) por ambas as axencias, permitindo acceder á parte máis esixente da comunidade investidora.
A emisión espertou gran interese, demostrado tanto no importe demandado, que superou expectativas nun contexto de mercado especialmente delicado, como na amplitude do espectro investidor, con 95 ordes individuais formando un libro de gran calidade nun proceso de execución dun só día que aproveitou a boa percepción da entidade en mercado.
ABANCA continúa avanzando con esta emisión na súa folla de ruta de cara ao cumprimento do requirimento mínimo de fondos propios e pasivos admisibles (MREL polas súas siglas en inglés) fixado polo regulador.