ABANCA renova as súas alianzas co sector primario estremeño e desprega as súas solucións innovadoras de crédito en Agroexpo
- O banco participa na 37ª edición da feira que se celebra en Don Benito cun stand propio para dar a coñecer a súa proposta de valor e o seu catálogo de produtos
- A entidade destaca a súa experiencia e especialización no segmento e a súa ampla rede comercial na rexión

O director territorial Sur de ABANCA, José María Jardón (no centro), e o director de Banca Sectorial de ABANCA, Jesús Combarro (segundo pola dereita), durante a firma coa Unión de Agricultores y Ganaderos de Extremadura en Agroexpo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de Banca Sectorial de ABANCA, Jesús Combarro (no centro), durante a firma con UPA-UCE Extremadura en Agroexpo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os especialistas de ABANCA Agro en Estremadura, Felipe León e Roberto Torres (segundo e tercero pola dereita, respectivamente), durante a firma con ASAJA Cáceres en Agroexpo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os especialistas de ABANCA Agro en Estremadura, Felipe León e Roberto Torres (primeiro pola esquerda e primeiro pola dereita, respectivamente), durante a firma con ASAJA Badajoz en Agroexpo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA dá un novo paso na súa vinculación co sector agrogandeiro de Estremadura e presenta a súa proposta de valor e o seu catálogo de produtos na 37ª edición da Feria Internacional Agroexpo. O banco renova un ano máis o seu apoio aos agricultores, gandeiros e industria transformadora, colectivo clave na economía produtiva da rexión, con solucións á medida e alternativas innovadoras de crédito.
Como en edicións anteriores, o banco acudiu á feira, que se celebra dende onte en Don Benito, cun stand propio e cunha importante representación do equipo comercial da comunidade. E foi precisamente neste espazo onde deu a coñecer as solucións específicas para o sector e escenificou a renovación das súas alianzas.
O director territorial Sur de ABANCA, José María Jardón, e o director de Banca Sectorial de ABANCA, Jesús Combarro, foron os encargados de asinar novos convenios de colaboración con algúns dos axentes máis relevantes do segmento en Estremadura. Nestas sinaturas participaron representantes de ASAJA Badajoz, ASAJA Cáceres, a Unión de Agricultores y Ganaderos de Extremadura e UPA-UCE Extremadura. Grazas aos novos convenios financeiros, os integrantes destas organizacións agrarias beneficiaranse de tarifas adaptadas e terán acceso a produtos á medida destinados a reforzar a súa competitividade.
Un produto, múltiples destinos
O protagonismo da proposta de ABANCA recae nun produto innovador lanzado hai pouco máis dun ano polo banco: a Liña de Financiamento Agro Multidestino. Trátase dunha alternativa de crédito pioneira no mercado que busca adaptarse ás necesidades do sector e unificar así nun único contrato o financiamento do día a día das explotacións agrarias. En concreto, permite dispoñer de fondos para adiantar as axudas da PAC, para cubrir os gastos das campañas agrícolas e gandeiras e para financiar as primas dos seguros agrarios contratados en ABANCA. O cliente dispón dos fondos ao seu ritmo, algo que ofrece un evidente aforro de custos, pero tamén simplifica os trámites administrativos.
Un sector clave na estratexia
O compromiso da entidade financeira co segmento na rexión refórzase coa súa unidade especializada ABANCA Agro, que conta cunha ampla experiencia e proximidade no sector, e coa súa importante presenza en Estremadura a través da súa rede de oficinas, que facilitan o acceso aos servizos bancarios e contribúen á inclusión financeira.
A sinatura destes acordos activa inmediatamente opcións de financiamento a medida para satisfacer as necesidades do colectivo. A entidade financeira conta con produtos para impulsar novos investimentos e modernizar os actuais, especialmente os vinculados á sostibilidade e ás enerxías renovables. Entre eles, destacan solucións como o leasing ou os préstamos.
Para necesidades concretas, os profesionais do campo disporán dos anticipos, o préstamo de campaña, a póliza de crédito ou a liña específica de financiamento de seguros agrarios.
Os convenios complétanse coas liñas que ABANCA ten subscritas con diferentes SGR nacionais, como Extraval, ou coa Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA), o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IFXC) ou o ICO, incluida a liña ICO-MAPA-SAECA-JÓVENES con subvención dos gastos de aval de SAECA e subvención que pode chegar ata o 15% do principal. Estas liñas facilitan a incorporación dos emprendedores máis novos á actividade agraria ao contar con garantías adicionais. Destaca tamén a liña de reafianzamento de SAECA, que facilita o acceso a necesidades de financiamento tanto para investimento como circulante en toda a cadea de valor, dende produtores a industria e intermediarios, que conta co aval de SAECA ata o 80%.