• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

RESULTADOS 2014. ABANCA gaña 1.157 millóns de euros e eleva a súa solvencia ata o 15,15%

  • O financiamento total concedido alcanza os 7.455 millóns de euros
  • A entidade relanza a súa actividade: incrementa nun 30,6% o financiamento concedido e nun 26,4% os depósitos de clientes
  • Os recursos captados de clientes crecen en 4.254 millóns de euros
  • A taxa de morosidade baixa un 32,5% e os créditos dubidosos redúcense en 1.253 millóns de euros
  • A marxe da actividade comercial crece un 26,7% ao longo do exercicio
  • A posición de liquidez sitúase en 11.477 millóns de euros
  • A entidade situouse como unha das máis solventes do mercado tras os stress tests do BCE
  • A ratio de capital CET1 crece un 47% en doce meses
  • As cotas de mercado de crédito e depósitos en Galicia crecen 146 e 153 puntos básicos respectivamente
  • O rating de ABANCA volve ao grado de investimento por primeira vez nos últimos anos

Francisco Botas, Juan Carlos Escotet Rodríguez, Javier Etcheverría e Alberto de Francisco durante a rolda de prensa de presentación dos resultados anuais de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 1: Conta de resultados consolidada

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 2: Estrutura da carteira crediticia

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 3: Taxa de morosidade e redución do crédito dubidoso

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 4: Rede de oficinas ABANCA en España

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación Resultados 2014 Principais magnitudes e cifras de negocio 2014 Ver ficheiro PDF
26-02-2015
Financiero Resultados

“No seu primeiro ano, ABANCA restableceu a confianza dos seus clientes e da súa contorna”, “Demos prioridade ao crédito e a xestión de riscos, e implantamos as mellores prácticas de goberno corporativo”

“ABANCA construíu as bases organizativas e de negocio para xerar rendibilidade recorrente a longo prazo”

Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA

ABANCA obtivo en 2014 un beneficio consolidado antes de impostos de 601 millóns de euros e despois de impostos de 1.157 millóns de euros, batendo amplamente a previsión que a entidade se fixara para o primeiro ano da súa nova etapa. O excelente resultado obtido por ABANCA apóiase nun maior dinamismo da actividade comercial e na melloría da calidade dos seus activos.

O banco con sede en Galicia situouse como unha das entidades máis solventes do mercado español, situando a solidez e a prudencia como os seus principais sinais de identidade. O coeficiente CET1 (Common Equity Tier 1) creceu en 490 p.b., un 47%, no último ano, ata alcanzar o 15,15%, cun exceso de capital sobre o mínimo regulatorio de 1.915 millóns de euros.

En 2014 ABANCA relanzou a concesión de financiamento (+30,6%), incrementou notablemente a captación de depósitos (+26,4%) e fortaleceu o seu liderado en Galicia con crecementos de ambas cotas de mercado (+146 p.b. e +153 p.b. respectivamente). A marxe da actividade comercial, concepto que reflicte a actividade básica con clientes, mellorou nun 26,7% ao longo do exercicio. Pola súa parte, a taxa de mora reduciuse un 32,5% respecto a 2013, situándose no 11,9%, mellor que a media do sector.

Novo modelo de goberno corporativo

Os bos resultados económicos víronse acompañados por unha intensa actividade reorganizativa: en menos dun ano a entidade puxo en marcha o seu novo modelo de banca minorista tradicional e de servizo para empresas e familias, reorganizou a súa estrutura, implantou as mellores prácticas de goberno corporativo, e levou a cabo a súa integración operativa e de equipo co Banco Etcheverría, todo en tempo récord e con éxito.

“Grazas a todo isto restablecemos a confianza dos nosos clientes e da nosa contorna, situándonos na posición adecuada para cumprir co noso papel como entidade financeira responsable e sostible”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA. “Neste primeiro ano demos prioridade ao crédito e a xestión de riscos, e implantamos as mellores prácticas de goberno corporativo, construíndo as bases organizativas e de negocio para xerar rendibilidade recorrente a longo prazo”, indicou.

O beneficio neto despois de impostos é de 1.157 millóns de euros e dedicarase a continuar potenciando a capitalización de ABANCA, que se situou, como xa acreditaron as probas de resistencia do BCE, como unha de las más elevadas do sistema bancario español.

Conta de perdas e ganancias consolidada

Ver imaxe 1

En 2014 ABANCA intensificou de maneira significativa a súa actividade comercial cun importante crecemento do financiamento concedido a clientes. A entidade concedeu financiamento por un importe total de 7.455 millóns de euros, un 30,6% máis que nos doce meses anteriores. Desta cantidade, 4.285 millóns corresponden a novas formalizacións e os 3.170 millóns restantes a financiamento adicional para o tecido produtivo a través de liñas de desconto, comex, factoring e confirming.

A carteira crediticia do banco presenta a seguinte estrutura: Ver imaxe 2

Crecemento de cota de mercado

Así mesmo, a entidade rexistrou un forte impulso na captación de pasivo, cun crecemento dos recursos de clientes minoristas de 4.254 millóns de euros, un 15,5% máis que no exercicio anterior.

A captación de recursos fóra de balance mostrou a mesma tendencia á alza, ata situarse nun saldo de 3.600 millóns. Especial protagonismo alcanzaron os fondos de investimento, cuxo patrimonio xestionado creceu un 39,4%, 12,7 puntos por encima do conxunto do sector.

Grazas a estas cifras*, ABANCA reforzou o seu liderado en Galicia, incrementando en 153 puntos básicos a súa cota de mercado de depósitos minoristas e en 146 puntos básicos a de crédito. Este crecemento fíxose extensivo ao conxunto de España, onde as cotas de mercado de depósitos e crédito incrementáronse en 20 e 9 puntos básicos respectivamente. 

Descenso da morosidade

ABANCA rexistra unha taxa de morosidade menor que a media do sector e unha taxa de cobertura do crédito dubidoso superior ás principais entidades do sector. O crédito dubidoso reduciuse en 1.253 millóns de euros, un 24,6% menos, mentres que a taxa de morosidade baixou en 5,72 puntos porcentuais, ata situarse no 11,9%, un 32,5% menos que ao peche de 2013. A ratio de cobertura do crédito dubidoso está situada no 55,2%, 6,5 puntos por encima do sector.

Ver imaxe 3  

Mellora da eficiencia

Os gastos de explotación axustáronse nun 13,1% respecto a 2013, o que supuxo un aforro de 80 millóns de euros.

ABANCA, que presta servizo a 2,2 millóns de clientes, dispón dunha rede comercial formada por un total de 672 oficinas, 660 en España (9  especializadas en banca premier e 14 en empresas). A entidade conta con 12 oficinas no estranxeiro (5 operativas e 7 de representación). Ver imaxe 4.

O cadro de persoal total do grupo situouse en 4.712 persoas, das que 3.626 son xestores especializados en diferentes segmentos de negocio. Máis do 90% do cadro de persoal de ABANCA conta con titulación universitaria.

Folgada posición de liquidez e cumprimento anticipado de requisitos

ABANCA dispón dunha folgada posición de liquidez cifrada en 11.477 millóns de euros.

No pasado ano ABANCA reduciu o seu financiamento a través do Banco Central Europeo en 3.663 millóns de euros (-38,9%). Como parte da súa estratexia a longo prazo, a entidade está centrando as súas fontes de financiamento no foco do seu negocio (empresas, autónomos e familias) por consideralos máis estables e mellor fonte de financiamento.

A ratio crédito / depósitos minoristas sitúase no 92,36%, 20 puntos máis eficiente que a media do sector ABANCA mantén unha prudente estratexia de sustentabilidade a longo prazo e financia todo o seu crédito cos seus depósitos minoristas.

Por outro lado, ABANCA supera xa, amplamente e con tres anos de antelación, os novos requisitos do BCE en materia de financiamento e liquidez, con ratios de cobertura de liquidez (LCR) e financiamento neto estable (NSFR) do 591% e o 124% respectivamente.

Ingresos por venda de activos

En 2014 ABANCA, dentro da súa estratexia de venda de participadas, vendeu a súa participación en 17 compañías por un importe conxunto de 34,46 millóns, cifra que supón 7,16 millóns por encima do obxectivo marcado. Ademais comercializou un total de 1.813 inmobles.

Outros fitos do ano

Novo modelo de gobernanza

ABANCA dotouse dun novo modelo de goberno corporativo que recolle os máis altos estándares internacionais neste ámbito. O novo consello de administración, formado por oito membros con maioría de independentes, está constituído por profesionais de recoñecido prestixio e experiencia na xestión de entidades financeiras. Así mesmo, a entidade renovou a súa estrutura directiva e implantou un novo modelo de xestión de riscos.

Lanzamento da nova marca

A entidade comezou a operar en xuño baixo a denominación de ABANCA, marca coa que se desenvolve o seu novo modelo de negocio centrado na banca minorista tradicional para pemes e familias. A finais de 2014 ABANCA situouse como a 1ª marca financeira máis coñecida de Galicia. (Fonte Sondaxe)

Sinxeleza e transparencia na relación co cliente

ABANCA aposta pola ética e a transparencia como eixos centrais de actividade. A entidade dotouse dun código ético para o seu cadro de persoal. Ademais presentou novos produtos, como a Hipoteca Mari Carmen e o Multicrédito 48 Horas, caracterizados pola súa sinxeleza. Así mesmo, comezou a implantación das cartas de servizo, documentos nos que traslada ao cliente, por escrito e de maneira clara, os compromisos aos que ABANCA se obriga na comercialización dos seus produtos e servizos. Os clientes acolleron positivamente estas iniciativas: o número de persoas que recomendan os servizos da entidade incrementouse en 5 puntos, mentres que máis do 50% dos clientes valoran o servizo da súa oficina cunha nota de 9-10.

ABANCA Dixital

Durante  2014, máis de  500.000  clientes  de  ABANCA utilizaron os servizos   a  distancia para  as súas consultas     e operacións     con  alto     grado     de  satisfacción.    En    novembro iniciouse o proxecto que será estratéxico para os próximos anos de   ABANCA     DIXITAL   co reto de  permitir  a  contratación  a  distancia  os  produtos  e   servizos  a clientes  actuais  e  potenciais. A entidade conta cunha nova páxina web, iniciou a   implantación   de caixeiros     de  última    xeración, que  permiten  o  pago  de  recibos en  efectivo, conta co acceso á banca móbil a través da pegada dixital en dispositivos iPhone e con impresoras nas oficinas para impresión inmediata de tarxetas,  

Integración con Banco Etcheverría

Tras completar o proceso nun tempo récord, ABANCA cumpriu en novembro o último trámite legal para culminar a integración das dúas entidades. O proceso iniciouse en agosto cando ambos consellos de administración aprobaron o proxecto de fusión, que implicou a integración tecnolóxica de ambas entidades e a unificación das marcas.

Excelentes resultados nas probas de resistencia

ABANCA acreditou unha folgura de 814 millóns de euros, un 70% máis do esixido no escenario máis adverso dos stress test do BCE. Esta cifra supón unha ratio de solvencia (CET1) de 9,14% en 2016, 3,64 puntos sobre o mínimo esixido. A análise da calidade dos activos AQR, e o seu reducido impacto do 0,07 sobre a ratio de capital, situaron a ABANCA como unha das entidades coa carteira de crédito mellor clasificada e provisionada.

Reordenación do negocio de bancaseguros

ABANCA situou a actividade de bancaseguros como unha das vías de rendibilidade prioritarias para os próximos anos. O acordo definitivo con Aviva reverte a ABANCA o negocio de seguros de vida que xestionaban conxuntamente.

Rating en nivel de investimento

La cualificación de ABANCA volveu ao grado de investimento tanto a longo como a curto prazo e con perspectiva positiva en 2014.

Responsabilidade Social Corporativa

Como parte esencial do seu novo modelo de actividade, ABANCA iniciou a aplicación dunha nova estratexia de Responsabilidade Social Corporativa, apoiada en dous grandes eixos de actuación. En primeiro lugar, a entidade subscribiu un acordo con Afundación, entidade herdeira da obra social das antigas caixas de aforro galegas, para dar continuidade e facer sustentable a súa actividade a longo prazo co obxectivo de desenvolver plans de acción que cheguen en 2015 ao 25% da poboación galega. ABANCA proporcionaralle uns recursos de cinco millóns de euros por exercicio durante tres anos e o tres por cento do seu beneficio a partir desa data. Por outro lado, ABANCA desenvolverá a súa propia Obra Social, orientada cara a posta en marcha de programas de emprendemento, acceso ao financiamento, deporte base e outras accións de desenvolvemento social.

Formación e desenvolvemento profesional

En 2014 ABANCA implantou un sistema de formación e avaliación do desempeño para os seus empregados orientado a potenciar as súas capacidades e desenvolvemento profesional. En total realizáronse 173 accións formativas en 600 convocatorias. O 86,5% dos empregados realizou cando menos unha acción formativa. 350 directivos e mandos intermedios formáronse en liderado e xestión de equipos. Cada participante realizou un promedio de 60,25 horas de formación (un 50% por enriba da media do sector), das cales o 82% foron online e o 18% presenciais. Polo que respecta ao desenvolvemento profesional, 171 profesionais promocionaron a postos de maior responsabilidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

MSCI eleva o rating ESG de ABANCA ata AA e sitúao na categoría ‘Leader’

01-04-2025
Financiero

Esta categoría é a mellor das posibles na escala de MSCI, e con iso ABANCA sitúase á cabeza do sector bancario español.

Standard and Poor’s mellora un chanzo o rating de ABANCA

27-03-2025
Financiero

A subida aplicada por Standard and Poor’s é a cuarta recibida por ABANCA desde o pasado mes de novembro, despois das aplicadas por Moody´s, Fitch e DBRS.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .