RESULTADOS 2021. ABANCA gaña 323 millóns, cunha rendibilidade do 7,8%
- A marxe recorrente mellora un 33,1% até alcanzar os 241 millóns de euros
- O volume de negocio supera os 108.000 millóns de euros tras rexistrar un crecemento interanual do 18,8%
- Os ritmos de produción xa superan niveis previos á pandemia: as formalizacións de crédito con pemes e autónomos superan os 2.400 millóns de euros, un 9,5% máis en que en 2019
- As subscricións netas de fondos de investimento triplícanse respecto de 2019 grazas a accións como o lanzamento de produtos sostibles e o servizo de xestión discrecional de carteiras
- A entidade continúa sólidamente situada entre as máis saneadas do sistema, cun cociente Texas do 28,7% e unha cobertura de activos dubidosos do 85,3%
- O cociente de capital total sitúase no 16,9% e o superávit sobre os requisitos regulatorios é de 1.527 millóns
- A entidade completa con éxito a integración de Bankoa e a incorporación ao perímetro do grupo do negocio de Novo Banco en España
Descarga los contenidos anexos
ABANCA obtivo un resultado de 323,3 millóns de euros en 2021, un exercicio marcado pola mellora da rendibilidade estrutural e os avances logrados en materia de sostibilidade, todo iso nunha contorna de gran complexidade.
A entidade baseou o seu resultado no aumento dos ingresos recorrentes, cun avance do 6,2% na marxe básica. En paralelo, continuou coas medidas de control de gastos e realización de sinerxías, o que permitiu mellorar a marxe recorrente un 33,1% até alcanzar os 241 millóns de euros.
A incorporación ao Grupo ABANCA de Bankoa e do negocio de Novo Banco en España contribuíu tamén a mellorar a rendibilidade estrutural da entidade.
O éxito da política de integracións levada a cabo por ABANCA nos últimos exercicios queda reflectido tanto no crecemento de negocio (aumenta un 57,0% con respecto a 2018 vs. un 9,7% para o sector) como de rendibilidade (os ingresos aumentan un 26,3% mentres que o sector perde un 5,4%) e control de custos.
O dinamismo comercial tamén se viu beneficiado polo lanzamento de novos produtos. Os seguros xeraisSerás redirixido a outro sitio web de marca propia tiveron unha moi boa acollida, reflectida nun significativo crecemento das vendas (máis de 33.800 pólizas desde o seu lanzamento, a finais de marzo deste ano) e un reforzo da satisfacción do cliente (nota de 9,5 sobre 10 en atención personalizada e axilidade na resolución de sinistros).
No conxunto do ano, a actividade de negocio recuperou os niveis previos á crise nas principais liñas de negocio: respecto de 2019, as formalizacións de hipotecas creceron un 40,9%, as formalizacións de crédito con pemes e autónomos un 9,5%, as subscricións netas de fondos de investimento multiplicáronse por tres, e o volume xestionado a través do servizo de xestión discrecional de carteiras duplicouse no exercicio.
Portugal, peza clave para ABANCA como entidade con vocación ibérica, rexistrou unha positiva evolución na mesma liña, superando as previsións establecidas para este exercicio: a formalización de hipotecas foi un 58% superior ao obxectivo, e as formalizacións fóra de balance un 26%.
A entidade seguiu desenvolvendo o seu modelo omnicanal para axustarse a todos os tipos de clientes, combinando a proximidade dunha rede comercial formada por oficinas cada vez máis dixitais, sostibles e accesibles, cun servizo de banca a distancia cada vez máis potente e avanzado, tanto no segmento de particulares como de empresas. A banca móbil superou por primeira vez o nivel do millón de usuarios a principios do exercicio, até situarse en máis de 1.100.000 a peche de 2021, e as transaccións dixitais supoñen xa o 69,6% do total.
ABANCA mantense entre as entidades máis sólidas do mercado español grazas a uns elevados niveis de cobertura (85,3% en activos dubidosos e cociente Texas do 28,7%), á calidade dos seus activos (cociente de morosidade do 2,1% e taxa de adxudicados sobre balance do 0,3%), aos seus robustos niveis de capitalización (cociente total do 16,9% e 1.527 millóns de euros de exceso sobre requisitos) e unha cómoda posición de liquidez (cociente LTD minorista do 92,3% e 16.494 millóns de euros en activos líquidos).
Educación financeira no centro da sostibilidade
O exercicio 2021 tivo como outro dos seus fitos fundamentais o lanzamento do Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024, a través do cal a entidade alcanzará a neutralidade en carbono e disporá dunha alternativa sostible para os seus produtos. Os primeiros logros deste plan son o lanzamento de tres fondos sostibles, a realización da primeira emisión de bonos verdes e, dentro da estratexia de recuperación e transformación da economía, o lanzamento dos primeiros produtos de financiamento vinculados ao programa Next Generation EU.
Dentro deste esforzo por contribuír ao desenvolvemento da sociedade, ten un protagonismo crecente o programa de educación financeira, dirixido a distintos segmentos de idade. Este programa obtivo un importante respaldo co premio ‘Finanzas para todosSerás redirixido a outro sitio web’ do Banco de España e a CNMV polo programa Segura-Mente ABANCASerás redirixido a outro sitio web, que chegou no último curso a un total de 123.170 beneficiarios.
Ingresos recorrentes: motor da rendibilidade
Os ingresos recorrentes seguen sendo o principal piar da conta de resultados da entidade. Entre xaneiro e decembro de 2021, a marxe básica creceu un 6,2%, grazas ao bo comportamento da marxe de intereses (+4,9%) e dos ingresos por prestación de servizos (+10,0%). Ambas as liñas da conta de resultados creceron de maneira continua nos últimos exercicios, cunha achega cada vez máis relevante do mercado portugués, tal e como demostra o crecemento do 17,3% da marxe de intereses e do 12,3% dos ingresos por prestación de servizos.
ABANCA logrou unha redución do 4,3% nos seus custos ordinarios mediante a realización de proxectos de racionalización e o aproveitamento das sinerxías derivadas das integracións, o que se traduciu nunha mellora da eficiencia, que quedou situada no 67,4%. Con iso, a marxe recorrente (marxe básica menos gastos de explotación) rexistrou un incremento do 33,1%, situándose nos 240,6 millóns de euros.
A entidade mantén unha política de coberturas moi conservadora para reforzar a súa carteira crediticia fronte a eventualidades xurdidas da actual contorna, caracterizada por unha alta incerteza. A pesar das boas perspectivas económicas que presentan as territorios nos que ABANCA ten unha maior presenza en 2022, a entidade segue mantendo as coberturas de crédito máis elevadas do sistema: 85,3% en dubidosos totais e 101,4% en dubidosos de pemes e grandes empresas. O esforzo realizado en 2020 permitiu conter en 2021 o custo do risco, que se situou no 0,30%.
Crecemento sostido do negocio
Entre xaneiro e decembro de 2021 o volume de negocio rexistrou un incremento do 18,8% e sitúase en 108.682 millóns de euros.
Os préstamos e anticipos á clientela creceron un 17,6% (un 10,6% sen contar a achega de Bankoa e Novo Banco España) até os 45.982 millóns de euros. O crédito a clientes en situación normal rexistrou un incremento do 18,8% (11,7% sen Bankoa nin Novo Banco España) até os 45.558 millóns de euros. O financiamento a empresas e familias, que suman o 80% do total, constitúe o seu compoñente maioritario.
A entidade xestiona un total de 62.699 millóns de euros en recursos de clientes, o que supón un crecemento do 19,7% (10,6% sen Bankoa nin Novo Banco España). Os depósitos de clientes creceron un 17,0% (10,1% sen Bankoa nin Novo Banco) e suman xa 49.793 millóns de euros. Durante o exercicio ABANCA incrementou un 9,2% os clientes valor, un 10,1% o parque de tarxetas de crédito e débito, e creceu nun 16,0% o de TPVs.
No crecemento dos ingresos por servizos resultou clave o impulso rexistrado na comercialización de seguros e produtos fóra de balance. A entidade xestiona 12.906 millóns de euros en recursos fóra de balance, un 31,2% máis que hai un ano (un 12,5% máis sen incluír o efecto de Bankoa e Novo Banco España).
As primas de seguros xerais, capítulo no que ABANCA xa dispón de produtos propios, e de vida-risco creceron un 12,8%, cun comportamento moi homoxéneo nos diferentes segmentos: seguros coche creceu un 18,0%, pagos protexidos un 16%, vida-risco un 13% e empresas un 12%.
Calidade da carteira e coberturas: un dos mellores perfís financeiros
ABANCA continúa situada como unha das entidades con mellor perfil financeiro do sistema, grazas a contar coas coberturas máis elevadas (85,3% sobre dubidosos) e o mellor cociente Texas do sector.
A cobertura total de activos improdutivos sitúase no 76,4%, a máis alta do sistema, mentres que a de adxudicados e a de morosidade sitúanse no 62,5% e o 85,3%, respectivamente. No caso das empresas e pemes, a cobertura de dubidosos é aínda maior, do 101,4%. ABANCA é tamén a mellor entidade en cociente Texas, cunha cifra de 28,7%.
A morosidade (2,1%) mantense estable e entre as máis baixas do sector. Excluíndo os negocios integrados durante o exercicio, para facer unha comparación homoxénea, a taxa de morosidade sería do 1,8% cunha redución dos saldos dubidosos do 3,6% en 2021. A morosidade dos clientes particulares mantense en niveis mínimos unha vez que xa venceron máis do 95% das moratorias concedidas para axudar aos clientes a afrontar as consecuencias económicas da pandemia.
Solvencia e liquidez: folgura frente aos requirimentos
En materia de solvencia, o cociente de capital de ABANCA quedou situado no 16,9% (13,0% capital máxima calidade CET1). Grazas a dispor dunha estrutura de capital diversificada, a entidade conta con amplos colchóns sobre os requisitos establecidos: 467 p.b. (1.527 millóns de euros) en capital total e 504 p.b. (1.648 millóns de euros) en CET1. A entidade cumpre folgadamente o requisito MREL fixado para 2022.
ABANCA conta cunha estrutura de financiamento baseada principalmente en depósitos minoristas, que supoñen o 69% da súa base de financiamento. A entidade presenta un cociente de créditos sobre depósitos minoristas (LTD minorista) do 92,3% e dispón de 22.720 millóns de euros entre activos líquidos (16.494 millóns) e capacidade de emisión de cédulas (6.226 millóns). Con iso cobre 4,4 veces o total dos seus vencimientos previstos de emisións.
Os cocientes de financiamento neto estable NSFR e de cobertura de liquidez LCR están situados, respectivamente, no 132% e o 257%, niveis que cumpren amplamente cos requisitos regulatorios de Basilea III.
Mellora nas cualificacións
A solidez do negocio de ABANCA, xunto coa positiva evolución rexistrada no ano, foi tida en conta polas axencias de rating. Durante 2021 todas elas melloraron a súa cualificación: subida dun chanzo por parte de Moody´s e mellora de perspectiva por parte de DBRS, Fitch e Standard & Poor´s. A día de hoxe, tres destas catro axencias cualifican a ABANCA no nivel de grao de investimento.